martes, 16 de agosto de 2011
O espertar de Kate Chopin
Como ben vedes puxen o título do libro, do que vou falar a continuación, en galego, precisamente porque a edición que collín na biblio está na nosa lingua. Razón de máis para facer esta entrada nela, non vos parece?.
Intereseime por Kate Chopin e O espertar vendo Treme a nova serie de David Simon, creador da célebre The Wire, nela John Goodman interpreta a un profesor de literatura e a menciona nunha das súas clases; "Non pensedes en termos de principio e fin, porque contrariamente a algunhas obras de entretemento, conducidas polo argumento, non hai resolución na vida real".
Nese momento deume a sensación de que Simon, a través de John Goodman, estaba facendo unha declaración de intencións, revelando o que efectivamente el mesmo pensa sobre a narrativa. Fascinado coa súa forma de narrar e decidido a desentrañar os misterios estructurales da mesma, tan naturalista, tan real, e sen ningún ensaio do seu puño e letra escrito, decidín a lo menos leer esta novela, que este excelente guionista parecía, con esa liña de diálogo, situar dentro do seu canon (é verdade que David Simon escribíu unha novela tamen e que podería ter comezado por aí, pero ese non é o tema).
Se no momento de ver aquela escea penséi que estaba facendo unha declaración de intencións, agora, tras ter visto a primeira e segunda tempada e ler este libro, doume conta de ata que punto era así; a referencia vai máis alá do estructural e entra directamente no argumental, pero disto mellor non dicir nada ata que teñades lido e/ou visto ambas cousas.
Kate Chopin foi reivindicada nos 60s como unha pioneira do feminismo no século XIX, entre outras cousas por esta novela, O espertar; nela a protagonista emprende un camiño na dirección da súa liberdade, coa autoafirmación da súa individualidade, e da súa igualdade na diferencia... do seu espertar a unha vida na que ten dereito a facer o que cree correcto para si mesma, sexa o que sexa.
Pero, como o propio John Goodman di nesta escea, sería empobrecelo categorizar este libro como unha obra protofeminista, o seu valor é literario e universal, máis alá de calquera consideración ideolóxica, fala do percorrido dun ser humano na búsqueda da súa propia verdade, xa sexa dentro ou fora da constreñida sociedade que lle veu nacer... o circunstancial do personaxe é o que a fai pioneira do feminismo, pero o universal da mensaxe trascende calquer xénero ou época.
Non fai falla ser muller para identificarse co discurrir da protagonista. Non é a afirmación dunha muller fronte a falocracia, é a afirmación dun individuo fronte as imposicións externas.
A xulgar polos comentarios doutras novelas no blog é posible que, a algún de vos, vos pareza cursi e ñoña, porque realmente o argumento da novela resumiríase coas costas dun libro de Corín Tellado, pero é que, como na vida mesma, o realmente interesante das accións dunha persoa son os pensamentos que as conducen. No profundo e non na superficie.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡Vaia, ten moi boa pinta! Vou ter que lela en canto poida... ¡Gracias pola recomendación!
ResponderEliminarMmmm, boa pinta ten, pero polo de agora non teño a cabeza para algo tan intimista.
ResponderEliminarDe todas formas apunto o libro para cando me teña máis mimiños :P
Visto que fixeches a reseña en Galego vou tentar de responder na mesma lingua aínda que, debido a falta de uso, é probable que cometa varios erros. Pídovos desculpas por adiantado.
ResponderEliminarO libro páreceme interesante, a ausencia da estructura habitual podería ser suficiente para a súa lectura, si, ademáis, está ben contado entón pode ir a lista de pendentes para ler.
Aínda máis, despóis de ler "La otra historia de los EEUU" estou interesado en saber algo maís sobre a vida cotía nese periodo da historia americana.
Digamos que as acción dos personaxes si poden ser vistas como unha estructural formal habitual. Pero realmente todo o discurso do libro é máis ben interior, o que fai que esa sensación estructural se dilúa bastante.
ResponderEliminarMáis aínda, do final do libro non se extrae ningunha conclusión, non se nos prepara para darlle unha lectura moral máis alá da que lle dariamos na vida real. Eso creo que é o máis interesante do libro. De feito ler esta novela de baixón poda dar unha lectura moi deprimente.
A verdade é que ler algo no que o autor non trate de asegurarse de que entendiches correctamente o se punto de vista paréceme incluso "refrescante".
ResponderEliminarA miúdo os autores que queren facer algo máis que contar unha historia asegúranse de que ata o máis 'lerdo' dos seus lectores será capaz de entendenla en lugar de propoñer unha situación e que sexa o lector o que decida qué quere extraer dela.
Polo que comentas acerca de ler este libro de baixón penso que pode ser o compañeiro ideal para "Opiniones de un payaso" facendo un perfecto combo-suicidio para un fin de semana de inverno, e xa sabedes, "Se acerca el invierno".
Vamos, menudo panorama alguno de nosotros no pasa de este fin de semana.
ResponderEliminarPese a mi reticencia inicial me voy a atrever con este libro, pero no porque el vendedor inicial del mismo haya dado en el clavo con la clientela, sino porque mi distribuidor principal me acaba de decir que a esta señora la denominaban como "flamboyant" en su época, que era una "moderna" e iba con gente rarita. Vamos gente de la época a lo Paco Clavel y compañia. Lo que ha acrecentado mi morbo y me ha motivado definitivamente para leerlo. Y si me deprime mucho luego sigo con Opiniones de un payaso que ya he dejado en varias ocasiones